Manuel Lugrís Freire, vida e obra, é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da RAG, que el cofundou e presidiu.

Os primeriros capítulos afondan nas tres etapas da súa vida onde se desvelan, mercé a un intenso diálogo coa obra de Lugrís e exhumando algúns textos descoñecidos, as claves dunha biografía marcada pola irredutible vontade de recuperar os nosos sinais de identidade.

Ademais, o volume (que aporta interesantes novidades) contén diversos apartados que percorren o seu lado máis humano a través da lembranza dos que foron os seus amigos; a relación, nalgúns casos amigable, que mantivo cos mestres do Rexurdimento; as claves do seu pensamento político; unha análise da súa producción creativa e, finalmente, un capítulo centrado en subliñar a súa actitude como firme defensor da lingua galega.

Unha cronoloxía e unha boa bibliografía poñen o ramo a esta completa, esixente e rigorosa monografía.

Lugrís



Copyleft do deseño Sonia Ballesteros Rey
Copyright Ramón Nicolás Rodríguez